ACTIVIDADES
Reunión Fundacion
       
Con data 2 de decembro deste ano 2023, reuniuse o Padroado da Fundación. Entre os puntos que se trataron, están os seguintes: A elaboración do monográfico da Colección Nerga e o Diario de Artista, que nesta segunda edición estarán dedicados aos escultores Silverio Rivas e Fernando Casás, respectivamente; a colaboración coa Facultade de Xeografía e Historia da USC; a colaboración co Ateneo Atlántico para o Certame Literario “Exeria”; as xestións realizadas para poñer en marcha o Museo Xoán Piñeiro; A creación de roteiros, co obxectivo da poñer en valor a obra pública escultórica de artistas en diferentes cidades ou vilas; alertar sobre as prácticas de vandalismo que con frecuencia fan desaparecer obra pública; ampliación do Padroado, coa incorporación de Mirian Elena Cortés López, profesora na USC da Facultade de Historia.
 
Festa da Arte XI
     
 
 
Entrega de los premios EXERIA
       
O día 13 de xuño de 2023 entregáronse os premios Exeria na súa terceira edición.
Abriu o acto a cantautora M J Pérez coa interpretación de "O fío do que pendo"
A presidenta do Ateneo, Luísa Abad, agradeceu aos patrocinadoras deste ano: Terras Gauda e Vieira, S. A., ademais da EMAO que moi xenerosamente ofrece o salón onde se desenvolve o acto.
Helena Pousa, representante da Fundación Xoán Piñeiro e coorganizadora deste premio, falou sobre as dificultades que ten escribir un bo relato curto.
Fernando Fernández, entregou a Pablo Nogueira campo por "Nó de mariñeiro" o diploma acreditativo do accesit e un talón por importe de 500 euros.
Cuqui Piñeiro, membro desta Fundación, entregou o primeiro premio a Lois Alcayde Dans polo relato "Lugar fermoso" consistente nun cheque de 1000 euros, diploma e estatuta de bronce do que é autora.
Rematouse o acto con outra peza musical de M. J. Pérez "Ora aperta amor" e pasamos a gozar dun viño galego e petisctos para celebrar estes premios no Patio de Gaitas da EMAO.
       
1º Roteiro Entre Esculturas
     
  O pasado día 25 de maio, a Fundación Xoán Piñeiro xunto co Ateneo Atlántico e o Instituto de Estudos Vigueses, organizaron o 1º Roteiro Entre Esculturas, unha iniciativa cuxo obxectivo pretende recoñecer e reflexionar sobre a escultura pública da cidade de Vigo.
 
Este primeiro roteiro foi acompañado por Cuqui Piñeiro, José Luís Mateo e Mercedes Bangueses, comezou na Praza de Xoán Piñeiro, e continuou pola Praza da Independencia e a Praza de América, onde rematou cunha intervención de Silverio Rivas, autor da Porta do Atlántico.
 
Algunhas imaxes do acto:
 
 
Presentación en Lugo
     
  A Fundación Xoán Piñeiro presenta, o mércores día 10 de maio, ás 17:00 h, na Facultade de Humanidades de Lugo, o libro “Xoán Piñeiro”, un dos primeiros volumes que encabeza a colección “NERGA”, unha serie de libros que estudará ás escultoras e aos escultores galegos, e que a Fundación irá publicando co obxectivo de combater o abandono de pensar sobre a escultura.
 
Presentará o decano Gonzalo Francisco González e intervirán:
Cuqui e Belén Piñeiro Álvarez, membros da Fundación.
Carla Fernández Martínez (Universidade de Oviedo)
Miriam Elena Cortés López (Universidade da Coruña)
 
Algunhas imaxes do acto:
 
     
3º edición Certame "EXERIA" de Relato Curto 2023
     
   
 
1.Este premio Exeria está convocado pola “Fundación Xoán Piñeiro” e o “Ateneo Atlántico” de Vigo e co patrocinio do grupo “S. A. Eduardo Vieira” e “Bodegas Terras Gauda”.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen con un relato orixinal, inédito e non premiado.
3. O relato terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres incluídos os espazos e o título. Estará encabezado polo título, sen asinar e mecanografado cunha letra de 12 p. e a dobre espazo.
4. Os relatos axustaranse ao tema xenérico: “A ría, aperta de sal”.
5. Estableceranse dous premios que estarán suxeitos ás correspondentes retencións fiscais:
  1º premio: 1000 euros e unha figura da escultora Cuqui Piñeiro.  
  2º premio: Accésit de 500 euros.  
6. Os relatos enviaranse ao enderezo de correo electrónico: exeria@ateneoatlantico.gal
- No asunto do correo figurará o lema "Certame Exeria 2023".  
- Ao correo xuntaranse dous documentos: un, co relato e o título, non levará ningún tipo de identificación. No segundo figurará o título do relato, o nome completo e o número de teléfono móbil do autor ou autora.
- As persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío.  
7. O prazo de presentación de orixinais comezará o 1 de marzo e rematará o 10 de maio de 2023.
8. O xurado estará presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural e integrado polas dúas gañadoras do Premio Exeria do ano 2022, unha persoa designada polo Ateneo Atlántico e outra pola Fundación Xoán Piñeiro. O xurado completarase coa secretaria do certame, que contará con voz e non terá voto.
9. O ditame do xurado darase a coñecer nun acto público, convocado a tal fin, unha semana antes da entrega de premios que terá lugar ao longo do mes de xuño.
- A resolución do xurado será inapelable.
10. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases e o compromiso de participar como xurado no 2024.
Vigo, 1 de marzo de 2023
 
Presentación en Coruña
     
  Este xoves, día 1 de decembro, a cargo de Camilo Franco, tivo lugar a presentación no Museo de Belas Artes da Coruña, a publicación “Xoán Piñeiro”, pertencente a colección Nerga que publica esta Fundación. Compoñían a mesa Vicente Iglesias Martelo, Camilo Franco Iglesias e Cuqui Piñeiro.
Cea de Artista
     
  A Fundación Xoán Piñeiro, como acto de peche da 1ª Edición de Diario de Artista, dedicada ao escultor Buciños, realiza unha “Cea de artista” o sábado, 5 de novembro de 2022 no Liceo de Ourense, ás 21:00 h.
   
  Para reservar:
   
  Prégase inscrición dando o nome e apelidos ou nº de telefóno en:
  ceadeartista-bucinos@hotmail.com
ou no teléfono: 988 220 650
 
O importe do menú, 35,00 €, hai que ingresalo na seguinte conta habilitada polo Liceo:
IBAN ES 78.2080.5251.4930.01127213
 
O prazo da reserva remata o día 2 de novembro de 2022.
 
 
 
 
 
 
 
Conferencia U.S.C.
     
  O próximo día 27 de outubro, o presidente da Fundación Xoán Piñeiro, Suso Vázquez, impartirá unha conferencia titulada “Xoán Piñeiro. A continuidade dun artista” na U.S.C.
   
   
  Esta é a terceira conferencia que a Fundación imparte, dentro das actividades previstas no curso “Memoria xestionada – experiencias no patrimonio cultural IV”, dirixida ao alumnado do “Máster Interuniversitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte” impartido pola Facultade de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade das Palmas de Gran Canaria.
 
 
Faladoiro de Buciños no Teatro Principal de Ourense
       
Imaxes do acto FALADOIRO CON BUCIÑOS celebrado no Teatro Principal de Ourense, o día 6 de octubre de 2022, correspondente a 1ª Edición de Diario de Artista, aprazado desde 2022 debido á pandemia do COVI:
       
       
       
       
Silvia Penas nun momento da interpretación de "Buciños ou modelar o amor co vento":
       
   
Festa Artística do Verán 2022
       
Un pracer colaborar como Fundación neste importante evento que seguro continuará ao longo dos vindeiros anos e que nós seguiremos apoiando.
       
Parabéns a nosa compañeira e membro do padroado da Fundación Xoán Piñeiro pola magnífica exposición que organizou no marabilloso entorno da sua galería A+B co gallo da Festa Artística do Verán 2022.
       
Fotos de Marcos Rodríguez.
       
     
       
2º edición Certame Literario - Relato breve EXERIA
     
 
 
A Fundación Xoán Piñeiro en colaboración co Ateneo Atlántico, e baixo o Patrocionio de Grupo Eduardo Vieira e Bodegas Terras Gauda, convoca a segunda edición do certame Literario Exeria de acordo coas seguintes bases:
1.- II Certame "EXERIA" de Relato Curto 2022
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen con un relato orixinal, inédito e non premiado.
3.- O relato terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres incluídos os espazos e o título.
Estará encabezado polo título, sen asinar e mecanografado cunha letra de 12 p. e a dobre espazo.
4.- Os relatos axustaranse ao tema xenérico: “Vigo, futuro imperfecto”.
5.- Estableceranse dous premios que estarán suxeitos ás correspondentes retencións fiscais:
  1º premio: 1000 euros e unha figura da escultora Cuqui Piñeiro.  
  Accésit de 500 euros.  
6.- Os relatos enviaranse ao enderezo de correo electrónico: exeria@ateneoatlantico.gal
No asunto do correo figurará o lema "Certame Exeria 2022".  
Ao correo xuntaranse dous documentos: un, co relato e o título, non levará ningún tipo de identificación. No segundo figurará o título do relato, o nome completo e o número de teléfono móbil do autor ou autora.
As persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío.  
7.- O prazo de presentación de orixinais comezará o 1 de marzo e rematará o 10 de maio de 2022.
8.- O xurado estará presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural e integrado polas dúas gañadoras do Premio Exeria do ano 2021, unha persoa designada polo Ateneo Atlántico e outra pola Fundación Xoán Piñeiro. O xurado completarase coa secretaria do certame, que contará con voz e non terá voto.
9.- O ditame do xurado darase a coñecer nun acto público, convocado a tal fin, unha semana antes da entrega de premios que terá lugar ao longo do mes de xuño.
A resolución do xurado será inapelable.
10.- A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases.
Vigo, 1 de marzo de 2022
 
2º Volumen Colección NERGA
     
  La F.X.P. aprobó dedicar al escultor SILVERIO RIVAS el segundo volumen de monográficos sobre escultura de la colección NERGA.
   
  El presidente de la Fundación SUSO VÁZQUEZ y el miembro del patronato CUQUI PIÑEIRO estuvieron hoy en el estudio-taller de Silverio para informarle de este acuerdo.
   
  Este será el segundo libro de una serie que estudiará a los escultores gallegos, reflexionará sobre su obra y su tiempo desde aquí y ahora que aún necesita reflexionar sobre las formas que ocupan el espacio.
   
     
Inauguración placa Rúa Xoán Piñeiro e presentación libro en Goián
 
Entre os actos que a Fundación Xoán Piñeiro tiña previsto realizar para celebrar o centenario do nacemento do escultor, leváronse a cabo as seguintes actividades neste mes de novembro:
 
Con data 19 de novembro de 2021 foi inaugurada en Goián (Tomiño), a placa que leva o nome da Rúa Xoán Piñeiro, cuio rostro quedou inmortalizado en bronce polo escultor Carlos Fernández con gran fidelidade.
 
Vídeo da inauguración:
 
Ese mesmo día no Centro Goianés, e a continuación do acto inaugural, foi presentado o primeiro dos libros que a Fundación vai dedicar á escultura, dentro da colección "Nerga": "Xoán Piñeiro".
 
 
Participaban na mesa: Gustavo Hervella, un dos autores do libro, Cuqui Piñeiro, o presidente da Fundación, Xesús Vázquez e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
 
Colección NERGA: Xoán Piñeiro
         
    Este é o primeiro volume de NERGA, unha colección de libros monográficos para combater o abandono de pensar sobre a escultura. Comezamos con Xoán Piñeiro e coa súa decidida idealización do figurativo e do abstracto.
    Pero, igual que Xoán Piñeiro abriu portas escultóricas e vitais, este é o primeiro libro dunha serie que estudará escultoras e escultores de Galicia, pensará na súa obra e no seu tempo desde aquí e desde este agora que segue precisando reflexionar sobre as formas que ocupan o espazo.
    Autoras/es:
    Chus Martínez Domínguez (Coord.)
    Gustavo Hervella García
    Miriam Elena Cortés López
    Carlas Fernández Martínez
    Publicación: Agosto 2021
   
 
Certame liteario EXERIA: Entrega de premios
     
  A Fundación Xoán Piñeiro e o Ateneo Atlántico, entregaron os premios do certame literario EXERIA na Escola Municipal de Artes e Oficios, nun acto con Silvia Penas como madriña, a música de Carmen Pením e Maurizio Polsinelli, con Anxo Cabadas e Xesús Vázquez presidente da FXP.
   
  As autoras dos microrrelatos premiados son Nones Araújo e Andreia Costas e no apartado de poesía, Azucena Arias e Adela Pintado.
      Vídeo-resumo
 
 
 
 
Álbum dixital BUCIÑOS OU MODELAR O AMOR CO VENTO
 
A Fundación Xoán Piñeiro publicou o día 15 de maio de 2021, o Álbum dixital BUCIÑOS OU MODELAR O AMOR CO VENTO.  
 
Este proxecto literario-musical, realizado por cintaadhesiva con música de Jesús Andrés Tejada e poemas de Silvia Penas formaba parte da homenaxe dedicada a Buciños dentro da 1ª Edición de Diario de Artista, que a Fundación Xoán Piñeiro tiña previsto realizar o pasado ano, e que foi aprazado con motivo do COVI-19.
 
Pódese acceder ao proxecto completo, aquí.
     
     
     
Conferencia U.S.C.
     
  Este martes, 13 de abril de 2021, o presidente da FundaciónXoán Piñeiro, impartiu unha conferencia titulada “A continuidade dun artista: Fundación Xoán Piñeiro” na facultade de Historia da Arte da Universidade de Santiago.
   
   
  Esta é a segunda conferencia que a Fundación imparte, dentro das actividades previstas no curso “La memoria gestionada – experiencias en patrimonio II”, dirixido ao alumnado do “Mestrado interuniversitario en Gestión del Patrimonio Artístico y Arquitectónico, Museos y Mercado del Arte” que imparte a facultade de Historia do Arte da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de As Palmas de Gran Canaria.
 
 
 
Ateneo Atlántico e Fundación Xoán Piñeiro: Certame literario "Exeria"
     
 
A Fundación Xoán Piñeiro en colaboración co Ateneo Atlántico, convoca este certame de microrrelatos e de poesía "Exeria" (*).
     
Temática: "Andainas pola arte urbana viguesa" Premios:
  O tema é a cidade: a arte nas rúas: figuras escultóricas, monumentos, murais...   Microrrelato: Unha escultura elaborada pola artista Cuqui Piñeiro para a persoa gañadora e un vale para libros dunha librería da cidade para a finalista.
Poderá participar calquera persoa.   Poesía: Unha escultura elaborada pola artista Cuqui Piñeiro para a persoa gañadora e un vale para libros dunha librería da cidade para a finalista.
A extensión máxima para os microrrelatos será de 200 palabras. Para os poemas 150 palabras. Composición do xurado: O xurado estará composto por cinco persoas:
Cada persoa participante en poesía ou narración poderá presentar tres textos como máximo.   Dúas da directiva do Ateneo (unha delas como secretaria con voz e sen voto)
A presentación dos textos farase por correo electrónico a este enderezo:   Unha persoa da Fundación Xoán Piñeiro
  ateneoatlantico@gmail.com   Tres a escoller por sorteo entre as persoas asociadas.
  Neste correo achegaranse dous arquivos: O Ateneo resérvase o dereito de publicar na súa revista aqueles relatos e poemas que o xurado considere.
  O título xunto co relato ou poema    
  PLICA: Título da obra, nome completo do autor/a e número de teléfono. (*) Incorporamos como proposta o nome de Exeria para denominar o concurso. Máis información sobre Exeria aquí.
Data tope de presentación de traballos: 23 de abril de 2021    
Data do ditame: 17 de maio día das Letras Galegas.    
     
Conmemoración 100 ANIVERSARIO do nacemento de XOÁN PIÑEIRO
     
Desde a Fundación Xoán Piñeiro, con motivo da celebración do 100 Aniversario do nacemento do escultor, organizáronse varias actividades:
   
Exposición da súa obra en Santiago de Compostela  
Publicación dun libro sobre a sua obra  
Diferentes actos nos concellos de Cangas, Vigo e Tomiño  
   
   
   
   
   
   
1ª Edición DIARIO DE ARTISTA 2020.
 
Dedicada esta 1ª edición a Manolo Buciños
 
A Fundación Xoán Piñeiro presenta a I Edición do Diario de Artista, dedicado aos escultores galegos coa intención de valorar o traballo recoñecible, pero tamén o silencioso e íntimo: velaí tamén o artista no seu medio. Nos fins desta Fundación está a valoración do traballo escultórico, tentando visibilizar todos e cada un dos aspectos da actividade plástica coa súa complexidade, procurando dignificar o traballo individual da creación, dándolle un maior alcance público e social. Somos sabedores da relación interminable de artistas dedicados á escultura que estamos obrigados a salientar. Iremos paso a paso.
Nesta primeira edición do Diario de Artista quixemos dedicarlla ao escultor Manolo Buciños. Toda unha arriscada experiencia, porque Buciños ten unha extensa e sólida traxectoria que abrangue un capítulo propio na nosa plástica contemporánea. Escudriñar no seu mundo semella, cando menos, atrevido, pero a motivación para esta primeira edición estaba clara, Buciños é patrono da Fundación Xoán Piñeiro dende a súa creación en 1998. Así resolveuse unha escolla inevitable.
O proxecto desta primeira cita engloba tres acontecementos (una exposición, un faladoiro e un libro) que tentan agasallar ao artista e ao seu labor na plástica, case coma un desexo de reciprocidade para co noso patrimonio humano e artístico. Esta é unha das mensaxes que queremos transmitir nas nosas actividades e moi especialmente nesta: dar proxección pero tamén facer xustiza e corresponder a esa xenerosidade.
 
Tarxeta deseñada por Pepe Barro
 
Convenio entre a U.S.C. e a F.X.P.
     
Como resultado do convenio subscrito a finais do pasado ano 2018 entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Xoán Piñeiro, esta Universidade está dando publicidade entre o seu alumnado para o presente curso 2019/2020, coa finalidade de realizar prácticas de mestrado ou fin de grao na Fundación.   .
   
Entre as actividades previstas, dentro do curso “La memoria gestionada – experiencias en patrimonio II” está a conferencia “El sueño de un artista. Xoán Piñeiro”, dirixida ao alumnado do “Mestrado interuniversitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado do Arte” que imparte a facultade de Historia do Arte da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de As Palmas de Gran Canaria.  
 
A charla, que se impartirá en español, por ser unha clase presencial onde participa a Universidade de Canarias, realizarase mediante videoconferencia o mércores día 13 de novembro. Nela falarán o presidente da Fundación, Xesús Vázquez González e a historiadora da súa obra e membro do padroado desta Fundación, Cuqui Piñeiro. Comprenderá dúas partes: Na primeira farase unha descrición, breve e didáctica, da vida e obra de Xoán Piñeiro para que o alumnado se sitúe; e, na segunda parte explicarase, dun xeito práctico, o legado de Xoán Piñeiro, o porqué da Fundación, como se formou e que obxectivos persegue.
     
Colocación da Campa   Protección obra Xoán Piñeiro
     
A lenda, "Do Morrazo o latexo, da ría de Vigo o murmurio paseniño e do Miño o acougo e o solpor", alusiva aos lugares vividos por Xoán Piñeiro agroma, sobre unha placa fundida en bronce que foi colocada sobre a campa da súa sepultura, sita no cemiterio de Tollo na parroquia de Goián.   Establecemento dun protocolo de actuación permanente para defender e protexer a obra de Xoán Piñeiro.
     
campa-cimeterio  
     
Homenaxe a Xavier Pousa   Exposición "Taller e Artista"
     
A Fundación Xoán Piñeiro, realiza no 2002, unha homenaxe ao pintor Xavier Pousa, patrón da Fundación, no Teatro Afundación, en Vigo, co gallo do aniversario do seu pasamento.   Exposición inaugurada o día 13 de xuño de 2013 na Casa dos Alonsos, en A Guarda, en homenaxe a Xoán Piñeiro, en colaboración co Concello de A Guarda.